Saltar ao contido
Home » Intercambio Estados Unidos

Intercambio Estados Unidos

21 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e 4º da ESO do IES Mendiño, acompañados por dous profesores do centro, están a realizar un intercambio co Piedmont High School (San Francisco, USA), onde disfrutan dunha experiencia de inmersión lingüística e cultural. 

Sairon de Redondela o 1 de febreiro e durante 13 días vivirán con familias americanas, participando activamente nas actividades escolares deste centro californiano. No mes de abril o alumnado americano viaxará  a Redondela, onde se integrará nas actividades do centro IES Mendiño e e terá a oportunidade de aprender sobre a nosa cultura, linguas, gastronomía e paisaxes. 

Este intercambio forma parte do proxecto de internacionalización do centro, no que tamén se encadra o Erasmus+, e  conta con financiación do programa EduExchanges da Consellería de Educación para o intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *