O vindeiro 25 de outubro o alumnado de 3º ESO e 4º PDC participará na limpeza simultanea de praias organizada pola asociación ecoloxista ADEGA limpando a praia de Cesantes.
A pesares de que a limpeza programada para o 25 de outubro tivo que ser adiada para o 28 por mor da choiva, o cambio de data resultou moi positivo, xa que tivemos un tempo estupendo e a xornada foi moi proveitosa. O alumnado e profesorado acompañante retiramos ó redor de 80 kilos de lixo da praia de Cesantes. Atopamos algúns obxetos curiosos tales como unha lámpada de teito ou un xarrón de cerámica, pero a maioría de residuos foron pezas de plástico ou prospán, procedentes tanto de restos de pesca (bateas, barcos…) como de lixo humano.
Desde o IES Mendiño queremos agradecer a colaboración do Concello de Redondela que nos proporcionou os medios materias para levar a cabo a limpeza e nos ofreceu unha charla informativa sobre a procedencia de moitos dos residuos recollidos. Tamén nos gustaría agradecer a ADEGA por organizar este tipo de iniciativas tan necesarias para o medio ambiente e a educación do noso alumnado.
Esta actividade foi organizada de forma conxunta polos departamentos de bioloxía, matemáticas e inglés.