Festa de fin de curso 24/25
O 20 de xuño celebramos a festa de fin de curso con distintos torneos: fútbol, axedrez, xeografía e Just Dance. Todos foron un éxito, queremos agraceder ó alumnado e profesorado involucrado na súa organización.
O 20 de xuño celebramos a festa de fin de curso con distintos torneos: fútbol, axedrez, xeografía e Just Dance. Todos foron un éxito, queremos agraceder ó alumnado e profesorado involucrado na súa organización.
Os días 20 e 21 de xuño o alumnado de 1º de bacharelato tivo a excursión de fin de curso. Visitaron: Ponte Maceira, Carnota, Ézaro, Corcubión e Fisterra.
O pasado 18 de xuño o alumnado de 3º e 4º tivo a excursión de fin de curso á Lanzada onde desfrutaron dunha actividade de iniciación ó surf. Temos que agradecer ó profesor de galego, Miguel Lamelas, pola organización da… Ler máis »Excursión fin de curso 3º e 4º ESO: surf na Lanzada
Nela participou alumnado de 1º e 2º ESO do IES Mendiño e alumnado do IES Floriani, que foron os que nos convidaron este ano. Entre todos armamos unha foliada tradicional, onde nós tocamos e cantamos o “Adiós ríos, adiós fontes”… Ler máis »I Foliada conxunta do Mendiño e o Floriani polas Letras Galegas
Este ano a excursión de fin de curso 1º e 2º de ESO ía ser á Illa de Arousa, pero tivo que ser suspendida por causas por alerta de treboada. Como, ó final, non fixo tan malo, o alumnado puido… Ler máis »Excursión fin de curso 1º e 2º ESO
O mércores 11 de xuño tivemos a sorte de participar na Feira Divulgaciencia, organizada no Concello de Soutomaior. Foi unha experiencia moi enriquecedora, onde distintos centros educativos presentaron os seus proxectos de divulgación científica.O noso equipo fixo un gran traballo… Ler máis »Premio Feira Divulgaciencia
No proxecto do 3º trimestre o alumnado mediu as graxas saturadas e azucares de varios productos. Podedes ver os resultados nos paneis na entrada do centro.
Zahira Bouzón Cardesín gañadora do XI Certame de relato curto organizado pola FAMPA da provincia de Pontevedra. A entrega de premios tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra o pasado xoves 24 de maio. Mario Domínguez Pazo tamén resultou finalista.… Ler máis »Zahira Bouzón Cardesín gañadora do Certame de relato curto organizado pola FAMPA
Nas últimas semanas elaboramos xabóns artesáns, coidando cada detalle para facer pezas únicas e respectuosas co medio. Ademais, despois de analizar a sucesión de Fibonacci nas flores, puxémonos creativos e fixemos marcapáxinas inspirados nesa marabilla matemática. Se queres saber máis… Ler máis »Clube de ciencia: creando e descubrindo
O pasado 28 de abril, en pleno apagón, recibimos os 20 alumnos e 2 profesoras procedentes do Coláiste na Tulchann, Irlanda, que participan no intercambio co noso alumnado de 3° ESO. Despois da incertidume dos primeiros momentos e de que… Ler máis »Intercambio Irlanda: fase de acollida.