Listen to “11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia” on Spreaker.
O vindeiro sábado 11 de febreiro, celebramos en todo o mundo o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
No programa de hoxe imos afondar nesta cuestión con algunhas alumnas de 4º ESO A e 1º Bacharelato A matriculadas en materias de ciencias. Elas son: Ariana, Flavia, Nayra, Leire, Marta, Lucía, Carmen, Xoana, Antía, Ariadna e Verónica.
Ao longo da historia as mulleres viron como as súas achegas ao mundo da ciencia foron silenciadas, invisibilizadas ou en moitos casos usurpadas polos homes. Sobre este fenómeno, coñecido como efecto Matilda, invitámosvos a reflexionar.
O talento non ten xénero e prescindir do que poderían desenvolver as nenas e adolescentes que non elixen unha carreira científica por falta de espellos nos que verse reflectidas é unha herdanza cultural que non nos podemos seguir permitindo.
Convidámosvos a recuperar estas pezas perdidas para que a historia estea completa.
Lembra que este audio tamén o podes escoitar desde a web de Radio Redondela.
CRÉDITOS:
A música deste episodio:
Imagination
Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com