Alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato do IES Mendiño de Redondela realizamos un pequeno
traballo de investigación a respecto da vida e obra do poeta homenaxeado no “Día das Letras
Galegas” deste ano 2022, Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
Froito deste traballo xorde este podcast que vos presentamos. Facemos un breve percorrido
pola súa vida e parte da súa obra, recitando algúns versos que nos gustaron e emocionaron.
Asemade servíronnos de inspiración musical, de xeito que, na clase de Música, o alumnado chegou a escribir as súas propias composicións musicais a partir da lectura de certos poemas; e mesmo foi o propio alumnado quen, amais de escribir as partituras musicais, tamén as interpretou.
Gozade co traballo do noso alumnado
- Narración: Ángela, Breixo, Laura e Alba, alumnado de 2º Bacharelato.
- Poema 1: “Manciñas das nenas Louras…“, melodía e acompañamento de Lucía e Carla. (1º Bacharelato).
- POEMA 2 “O viño”: Melodía e acompañamento: Carla e Marta (1º Bacharelato).
- MÚSICA “Natureza”: Melodía e acompañamento: Carla, Alba e Paula (1º Bacharelato).
- POEMA 3 “Xacarandá”: Melodía de Nayara (1º Bacharelato) e recitado de Diego e Pedro (1º Bacharelato).
- POEMA 4 “Canto dos maios” (Letra: Florencio Delgado Gurriarán). Melodía e acompañamento: Alba e Paula (1º Bacharelato). Voces : Alba, Sira e Mayka (1º Bacharelato).