Saltar ao contido
Home » As bandas sonoras dos Óscar 2024

As bandas sonoras dos Óscar 2024

Listen to “As bandas sonoras dos Óscar 2024” on Spreaker.

A entrega dos Óscar sempre é unha boa escusa para investigar sobre os xéneros cinematográficos con máis suceso na recadación, e as bandas sonoras que as acompañan. Neste curso, o alumnado de 4 de ESO de Música  fixo as súas quinielas sobre as candidaturas presentadas e elixiron as que lle resultaron máis interesantes tanto no aspecto cinematográfico como musical.

Un traballo coordinado pola profesora de Música do IES Mendiño, Lucía Nores.

BARBIE

A  canción composta pola moi coñecida Billie Eillish, comeza cunha reflexión da protagonista, que está nunha marea de dúbidas  sobre a súa existencia, pois está en conflito coa súa identidade. Barbie ilustra o cansazo de moitas mulleres ante a sociedade  e o  machismo estrutural. O miolo do significado de What Was I Made For?  é sobre madurar, redescubrirse e ter coraxe  para amosar a súa nova identidade aos demáis. Esta canción orixinal recibiu o premio á mellor Canción Orixinal nos Óscar 2024.

Un podcast comentado por Javier Gil e Daniela Iglesias de 4º ESO A.

OPPENHEIMER

A trama deste filme céntrase na biografía de J. Robert Oppenheimer, considerado como o “pai da bomba atómica” e que marca o comezo da era das armas nucleares durante a Segunda Guerra Mundial.  O creador desta banda sonora Ludwig Göransson, asocia a personalidade de Oppenheimer, nerviosa e emocional, coa tensión sonora do violín.

Ao longo deste podcast, Raúl Castro e Hugo Castellano  de 4º ESO A, comentarán os aspectos de interese sobre o proceso creativo desta partitura escénica que foi galardoada neste 2024 co Óscar á mellor Banda Sonora.

WHAZHAZHE ( Os asasinos da lúa)

Mateo González de 4º ESO B, trasládanos a unha epopea sobre a cobiza, a violencia e o racismo situada na nación Osage, no estado de Oklahoma. O argumento está baseado na historia real dos seus habitantes, que se enriquecen tras atoparen petróleo, e dos brancos sen escrúpulos que tentan arrebatarllo. A análise musical que Mateo fai desta banda sonora fainos entender moito mellor a música tribal de voz e percusión, así como o seu significado.

CRÉDITOS:

  • Sintonía:The following music was used for this media project:
    • Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
      Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
      License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
      Artist website: https://incompetech.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *