Saltar ao contido
Home » Conversas arredor do clima

Conversas arredor do clima

O alumnado de 1º ESO A do IES Mendiño combinou a súa participación no Proxecta Meteoescolas coa participación en RQR, a radio do instituto. 

Conscientes da importancia de coñecer como funciona a natureza e como se producen os fenómenos atmosféricos que observamos de xeito cotiá, os alumnos e alumnas elaboraron diálogos divulgativos sobre os fenómenos meteorolóxicos, o clima e os efectos da actividade do ser humano sobre a atmosfera. Estes textos foron posteriormente gravados na radio, dando lugar a un espazo que titulamos “Conversas arredor do clima”.  
Coordinadas por Liliana Monetti, profesora de bioloxía do centro e responsable do Proxecto Meteoescolas, o alumnado participante foi: 

  • Xeada e orballo, por Ainhoa, Sabela e Xiana A.
  • O vento e as súa medidas, por Álex, Brais, Lucas e  Mateo.
  • Como se forman as nubes?, por Bruno, Diego, Simón, Xabi e Xoán.
  • A presión atmosférica, por Anxo, Ezequiel, Iván e Xiana V.
  • A chuvia ácida, por Ana Lía, Candela, Cayetana, Mara e Silvia. 
  • O efecto invernadoiro, por Alba, Mateo, Naiara e Pepe.

Música de sintonía:

Wholesome by Kevin MacLeod

Ligazón: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *