Listen to “Cousas de francés” on Spreaker.
Con motivo do intercambio do IES Mendiño co Lycée Mauperthuis de Saint Malo o alumnado de 4°ESO, de xeito distendido, vainos contar cousas desta vila da Bretaña, da súa historia e da súa gastronomía. A continuación, alumnado de francés de 1° de Bacharelato contará tamén cousas da obra de teatro que fomos ver a Cangas o pasado 1 de marzo, Le Tour du Monde de Nelly Bly, da compañía BoHèMe productions, en particular, a vida desta muller fascinante chamada Nelly Bly, a primeira en dar a volta ao mundo. Para rematar, ofreceranos unha lectura dramatizada dunha das escenas máis icónicas da historia de Xulio Verne onde Phileas Fog aposta que é posible dar a volta ao mundo en 80 días. Agardamos que vos guste.
Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño
CRÉDITOS:
Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com