Saltar ao contido
Home » Dido e Eneas. A paixón na ópera do Barroco

Dido e Eneas. A paixón na ópera do Barroco

Listen to “Dido e Eneas. A paixón na ópera do Barroco” on Spreaker.

Cartago, unha cidade exótica situada no norte de África na que reina a fermosa Dido. Eneas, un príncipe troiano que foxe da súa cidade tras a súa destrución, e que viaxa coa misión de fundar
Roma. Cando fai escala en Cartago, Dido namórase perdidamente del e ámbolos dous viven unha apaixoada historia de amor.
Pero ai!, estamos a finais do século XVII, no Barroco, e os compositores de ópera elixen argumentos mitolóxicos onde o deber e o destino están por riba dos sentimentos, algo difícil de entender nos nosos días. As emocións contrastantes ao amor, a procuran unhas bruxas desexosas de mal. Mediante un feitizo, buscarán separar aos amantes, para que Eneas prosiga a súa travesía. Tamén hai momentos de ledicia coa presenza de mariñeiros, neste caso coa colaboración especial de alumnado de Música 1º de Bacharelato, que interpretarán a pegadiza canción “Come away, fellow sailors”.


O alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da Música e da Danza do IES Mendiño, é o encargado no seguinte podcast de describir esta historia. O guión está basado nos textos e músicas orixinais que o compositor inglés Henry Purcell creou para ser representada
en ópera nun colexio feminino de Londres.

CRÉDITOS

Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com

1 pensamento sobre “Dido e Eneas. A paixón na ópera do Barroco”

  1. Estupendo traballo tanto dos rapaces como da profe. Moi interesante as reflexións finais sobre o que estivo ben ou non nesta historia.
    Parabéns a tod@s!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *