Escucha “E o galego pa cando? Coloquio sobre a situación do galego.” en Spreaker.
E o galego pa cando?, poderiamolo cantar ao ritmo da coñecida canción de Jennifer López (aínda que ela falaba dun anel). Mais é o título que nos permite presentar este coloquio onde se valora os resultados da enquisa sociolingüística que desde o equipo de Dinamización Lingüística se realizou no IES Mendiño neste curso escolar 22/23.
Unha enquisa dirixida a todos os membros da comunidade educativa: ao alumnado do instituto, de ESO e Bacharaleto, ás familias, ao persoal de admnistración e servizos e ao profesorado.
Trata de ver cal é a situación do galego tanto no noso instituto coma na contorna. Xa hai tres anos desenvolveuse unha primeira enquisa, tamén dirixida pola nosa responsable do Equipo de Dinamización Lingüística, Teresa Monteagudo, e neste curso escolar deciuse volver facela para comprobar que aspectos melloraran e aqueles outros aos que precisabamos prestarlle unha maior atención.
E que mellor que traer con nós a alumnado do noso centro para que comenten e avalíen os resultados da enquisa, aportándonos as súas reflexións sobre o presente e o futuro do galego. Así participaron neste faladoiro Alba Cabaleiro, Darío González e Sara Lusquiños, alumnado de 1º de Bacharelato, aos que acompañou a responsable do EDL do IES Mendiño, Teresa Monteagudo. Deixámosvos con elas/es.
CRÉDITOS:
Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com