Escucha “Entrevista a Eva Mejuto” en Spreaker.
A escritora Eva Mejuto, autora de obras moi recoñecidas e de grande difusión entre o público en xeral e especialmente na mocidade, como A lavandeira de San Simón, 22 segundos ou Memoria do Silencio, visitou o noso centro, onde compartiu cos membros do noso club de lectura, LeMendiño, unha das sesións mensuais.
E como colofón a actividade de oralidade en galego “Unha semaniña enteira…”, Eva Mejuto, da cal o alumando do noso centro leu algúns dos seus libros ao longo desta etapa educativa, non só neste curso, senón tamén en anos anteriores, compartiu co alumnado do centro un coloquio onde falamos de literatura e de mulleres en contextos de represión.
E como non, aproveitamos para ter unha pequena conversa, a xeito de entrevista, na que a autora compartiu as súas reflexións sobre a escritura, a lectura e moitas cousas máis con Sara e Antía, alumnas de 3º ESO.
CRÉDITOS:
Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com