Unha semana máis o alumnado do IES Mendiño comparte as súas recomendacións, para que gocemos con todos os sentidos.
Na sección de ver, escapan da pequena e gran pantalla. Hai vida alén das pantallas de móbil e das plataformas de streaming. Saímos á rúa da man de Aroa, alumna de 3º ESO, que nos amosa un evento cultural, un festival, que enche a rúas de Redondela de arte, coa particularidade de que estas están feitas de materiais de refugallo e lixo. Arte, cultura, participación cidadá, fomentando a reciclaxe e o desenvolvemento sustentable. Podedes velo nesta ligazón:
https://es-es.facebook.com/artelixoredondela/
E Mae, alumno de 4º da ESO, apórtanos a súa recomendación literaria. Na sección de ler, preséntanos “El héroe perdido”, de Rick Riordan, o primeiro libro dunha serie altamente recomendable, en especial a quen gosten tanto da mitoloxía coma das novelas fantásticas. https://es.wikipedia.org/wiki/El_h%C3%A9roe_perdido
E para finalizar, Candela, alumna de 4º ESO, recomenda vivamente unha artista e cantante coñecida co nome de Rubí. Que non a coñeces? Pois acompaña a Candela nesta viaxe á movida dos anos 80. Podes escoitalas e velas en https://www.youtube.com/watch?v=E5nsDdUoIgI
Sen Spoliers. Ler, ver, escoitar. As recomendacións do alumnado do IES Mendiño. Un podcast de RQR- IES Mendiño.
CRÉDITOS:
Música da sintonía: Requiem for a Fish, de The Freak Fandango Orchestra. Licencia: Attribution-NonCommercial 4.0 International (CC BY-NC 4.0)