Saltar ao contido
Home » Música funcional (04): Imos de voda!

Música funcional (04): Imos de voda!

Neste 4º capítulo da serie Músicas Funcionais, Silvia Avelleira e Paula Torres dan a coñecer a procedencia de distintas melodías que son empregadas para as entradas e saídas das celebracións nupciais.
A música funcional ou de circunstancia, creouse como elemento de apoio para realizar certos momentos importantes da vida: actos institucionais, conmemoracións, espectáculos, inauguracións, festas,… e tamén para servir como soporte a medios audiovisuais como o cine e a televisión.
Nesta serie de podcasts o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Mendiño investiga  sobre a función orixinal destes fragmentos de música clásica e a súa función actual. Asemade tamén se reflexiona o porqué esa música se adapta a esa nova función, atendendo aos seus elementos musicais.
Podes ver as notas completas e máis contidos na nosa web: https://iesmendinho.com
Coordinado por Lucía Nores, profesora de música do IES Mendiño, Musiqueando é un podcast de RQR – IES Mendiño.

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *