Saltar ao contido
Home » Música funcional (06): videoxogos e música clásica norueguesa

Música funcional (06): videoxogos e música clásica norueguesa

Xogos informáticos e música clásica? Que me contas? Pois escoita a Alba Ojea e Laura Martínez neste sexto capítulo e oe como investigan en Noruega a obra Peer Gynt de Grieg, que fora escrita inicialmente para unha obra de teatro, e como perviviu na actualidade en xogos informáticos, publicidade e máis.
A música funcional ou de circunstancia, creouse como elemento de apoio para realizar certos momentos importantes da vida: actos institucionais, conmemoracións, espectáculos, inauguracións, festas,… e tamén para servir como soporte a medios audiovisuais como o cine e a televisión.
Nesta serie de podcasts o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Mendiño investiga  sobre a función orixinal destes fragmentos de música clásica e a súa función actual. Asemade tamén se reflexiona o porqué esa música se adapta a esa nova función, atendendo aos seus elementos musicais.
Podes ver as notas completas e máis contidos na nosa web: https://iesmendinho.com
Coordinado por Lucía Nores, profesora de música do IES Mendiño, Musiqueando é un podcast de RQR – IES Mendiño.

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *