Listen to “Cercaronme as ondas” on Spreaker.
O vindeiro 27 de marzo celébrase o Día do Teatro, mais a celebración adiántase ao 21 de marzo, e no Concello de Redondela celebrámolo aínda un día antes e xa hoxe, mércores 20, gozamos dun dos mellores espectáculos da escena teatral galega actual: a versión dramática da obra “O porco de pé” de Vicente Risco, adaptada por Pepe Sendón e dirixida por Quico Cadaval. Unha produción da compañía Excéntricas que conta cun elenco de luxo: Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo. Tres veteranos do teatro galego que fan un traballo actoral impactante, encarnando a múltiples personaxes cada un, e que accederon, ao final da función, a que os entrevistaramos para coñecer máis sobre a obra e sobre o seu traballo nela. Sobre o teatro e sobre a vida dos teatreiros. Unha charla que foi un pracer para nós e que queremos compartir con vós. Agardamos que vos guste. Aos micrófonos Nico e Maeloc, alumnos de 2º de Bacharelato. No guión e gravación Olga Nogueira. E na edición José Antonio.
CRÉDITOS:
Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com