Escucha “Pilar Moraguez, paixón pola música e o canto” en Spreaker.
O pasado 6 de marzo contamos cunha visita moi especial no noso instituto: Pilar Moráguez, cantante cubana soprano, de recoñecida traxectoria nacional (traballou durante máis de dúas décadas no Teatro Real de Madrid) e internacional.
Achegouse ao IES Mendiño e cunha gran simpatía, contounos a súa paixón pola ópera e outros xéneros musicais, como funciona a voz como instrumento e, por suposto, cantou para nós. Pilar transmite cercanía e paixón e grazas a iso, o público asistente accedeu a un estilo musical descoñecido que recibiron con respecto e admiración. O alumnado destacou o seu potencial de voz e bo facer no escenario.
O alumnado de 4º ESO de Música, posteriormente realizoulle unha entrevista para a radio escolar RQR, para que a comunidade educativa toda puidese coñecer esta artista. Non deixedes de escoitar este documento sonoro que, ademais, agocha unha sorpresa musical!
CRÉDITOS:
Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com