Saltar ao contido
Home » Sechu Sende: literatura para transformar a realidade

Sechu Sende: literatura para transformar a realidade

Sechu Sende visitou o IES Mendiño o venres 21 de xaneiro de 2022. Un reencontro, xa que como el mesmo lles lembrou ao alumnado de 1º de Bacharelato que foi escoitalo, viñera en marzo de 2020, uns días antes en que nos mandaran a todas confinadas e que se abrise estes novos tempos de pandemia. E de aquela el viñera a abrirnos ao mundo, ao Kurdistán que el coñecía, nun acto do clube de lectura do noso centro.


A visita de Sechu respondía ao traballo de dúas alumnas do centro, Cecilia e Rachele, que elaboraron un vídeo a partir duns relatos do autor de Made in Galiza (2007). Así, o alumnado de 1º de Bacharaleto do noso centro puido asistir á estrea do vídeo, compartindo coas autoras do vídeo as motivacións que as levaron a facelo, e co autor da obra a falar devagar de moitas cousas.
E, como non!, aproveitando a súa visita, Uxía Ricón e Martín Rodríguez, de 1º Bacharelato, acompañaron a Sechu Sende aos estudos de RQR, a radio do Mendiño, para lles facer unhas preguntas e poder coñecer mellor á persoa e ao autor.

Música da sintonía:

Wholesome by Kevin MacLeod
Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
License: https://filmmusic.io/standard-licen

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *