Metidos xa na calor deste verán anticipado, o alumnado do IES Mendiño achega novas recomendacións, para que gocemos con todos os sentidos.
Na sección de ver, aínda que tamén encadraría ben na de escoitar, Nico, alumno de 4º ESO preséntanos Mamma Mia, unha comedia musical británica, que foi todo un éxito nas pantallas de todo o mundo, compartindo o bollo rollo coa música do grupo sueco Abba.
E Xiana, alumna de 1º da ESO, anímanos a darlle unha lectura á saga de Harry Potter. Aínda que como nos vai contar (sen spoilers) do que máis gostou foi do primeiro dos libros, anímanos a todos a lermos a saga completa (tamén podedes ver os filmes, mais hai cousas que só se viven cos libros).
E por último, unha recomendación que sae doutra. Se nun capítulo anterior Estela recomendaba a lectura de Boulevard, Ainhoa tráenos a canción, do mesmo nome, cantada por Natalia García. Unha balada que fala sobre o desamor. Faille caso a Ainhoa, escóitaa e comparte a túa opinión con nós.
Sen Spoliers. Ler, ver, escoitar. As recomendacións do alumnado do IES Mendiño. Un podcast de RQR- IES Mendiño.
CRÉDITOS:
Música da sintonía: Requiem for a Fish, de The Freak Fandango Orchestra. Licencia: Attribution-NonCommercial 4.0 International (CC BY-NC 4.0)