Quen non argardou algunha vez nunha sala de espera e ao tempo se decatou tarareando unha música coñecida? Pois neste sétimo capítulo da serie Música Funcional, Helena González e Néstor Redondo analizan as Gymnopédies de Satie, como exemplo representativo da música ambiental .
A música funcional ou de circunstancia, creouse como elemento de apoio para realizar certos momentos importantes da vida: actos institucionais, conmemoracións, espectáculos, inauguracións, festas,… e tamén para servir como soporte a medios audiovisuais como o cine e a televisión.
Nesta serie de podcasts o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Mendiño investiga sobre a función orixinal destes fragmentos de música clásica e a súa función actual. Asemade tamén se reflexiona o porqué esa música se adapta a esa nova función, atendendo aos seus elementos musicais.
Podes ver as notas completas e máis contidos na nosa web: https://iesmendinho.com
Coordinado por Lucía Nores, profesora de música do IES Mendiño, Musiqueando é un podcast de RQR – IES Mendiño.